Únete á Asociación

Asóciate de balde e forma parte da nosa comunidade de apoio

🤝

Asóciate de balde

A asociación é completamente gratuita e aberta a todas as familias

Por que asociarse?

  • Apoio emocional:

    Atopa comprensión e acompañamento

  • Comunidade:

    Forma parte dunha tribo que te entende

  • Actividades:

    Acceso a reunións, obradoiros e eventos

  • Información:

    Recursos e información sobre crianza

  • Gratuíto:

    Non hai custos de asociación

Como asociarse

1. Ven a unha reunión

Asiste a unha das nosas reunións semanais para coñecernos e ver se te sintes cómoda na comunidade.

2. Solicita a asociación

Podes solicitar asociarte en calquera momento, falando con calquera membro da xunta directiva.

3. ¡Benvida á tribo!

Unha vez asociada, terás acceso a todas as actividades e serás parte da nosa comunidade de apoio.

4. Socia de Pago

Existe a posibilidade de acceder a certas vantaxes por ser socia de pago, unha modalidade na que se paga una cantidade fixa e anual por familia de maneira voluntaria e da acceso a descontos nalgunhas tendas de Pontevedra e acceso preferente aos obradoiros que ofrece a asociación.

Únete

Ven a coñecernos

As reunións son abertas a todas as familias, asociadas ou non

🌆

Reunións en Pontevedra

17:00 - 19:00

Mércores

📍 Onde nos atopas

Pazo da Cultura de Pontevedra
Seminario 6, segundo andar
36002 Pontevedra

Non é necesario apuntarse previamente. Podes vir cos teus petises.

🌆

Reunións no Salnés

17:00 - 19:00

Martes

📍 Onde nos atopas

Antigo Priorato de Arra
Portonovo - Sanxenxo

Non é necesario apuntarse previamente. Podes vir cos teus petises.

Únete á nosa tribo

Forma parte dunha comunidade que entende as túas necesidades e te apoia en cada paso da crianza