Ponte en contacto connosco, estamos aquí para axudarche.
Pontevedra: 17:00-18:30 Martes/Mércores alternos
O Salnés: 17:00-18:30 Xoves (cada quince días)
Respostas ás preguntas máis comúns
Si, as reunións son abertas a todas as familias, asociadas ou non. Podes vir a coñecernos antes de decidir asociarte.
Por suposto! As reunións están pensadas para que as familias poidan asistir xuntas. Os petises gozan xuntos mentres as familias comparten experiencias.
Non, a asociación é completamente gratuita. Non hai custo de asociación nin participación nas reunións e a comunidade de WhatsApp. Os obradoiros organizados pola asociación sí precisan dunha aportación por parte das familias. Porén, existe a modalidade de "socia de pago", o que permite ter acceso preferente aos obradoiros e gozar de vantaxes no comercio local.
Podes poñerte en contacto por email (info@asociacionpetis.org), asistir a unha das nosas reunións, usar o formulario de contacto desta páxina ou directamente escribirnos ó teléfono da Asociación: 629843979
A mellor forma de coñecernos é asistir a unha das nosas reunións