Actividades

Estamos nun breve receso de verán. En setembro volverán as reunións presenciais e as actividades da tribo Petís. Síguenos en Instagram para estar ao día das novidades!

As nosas reunións

Reunións semanais onde compartir experiencias e recibir apoio

🌿✨ A tribo está de volta! ✨🌿

Despois dun pequeno descanso, retomamos as nosas reunións de crianza para compartir experiencias, inquedanzas e moito apoio! 🤗

As reunións da tribo seguen sendo momentos que nos impulsan e motivan para seguir adiante. É xenial que cada mércores, semana a semana desde fai máis dun ano, teñamos a oportunidade de abrazarnos, compartir, emocionarnos, chorar, rir e descubrir outras experiencias de maternidade.

Mentres, por suposto, os nosos petises gozan xuntos. Sempre máxicos e sempre sorprendentes.

📍 Información práctica

🗓 Horarios

Pontevedra Mércores 17:00 - 19:00
O Salnés Martes 17:00 - 18:45

📍 Onde?

Pazo da Cultura de Pontevedra
Seminario 6, segundo andar

Antigo Priorato de Arra
Portonovo, Sanxenxo

💡 Importante

  • • As reunións son abertas a todas as familias
  • • Non é necesario apuntarse previamente
  • • Podes vir cos teus petises
  • • Ambiente acolledor e seguro

Tipos de actividades

Diferentes opcións para participar na comunidade

👥

Reunións Regulares

Reunións semanais cada mércores en Pontevedra (17:00 - 19:00) e cada martes no Salnés (17:00 - 18:45)

🎨

Obradoiros Especiais

Talleres educativos sobre crianza, lactancia, desenvolvemento infantil e actividades creativas para familias.

🌿

Actividades ao Aire Libre

Paseos, picnics e actividades na natureza para desfrutar en familia e crear lazos entre as crianzas.

Próximas actividades

Mantente informado das nosas próximas actividades