Volver ao blog

Regresamos de Portonovo co corazón cheeeeo cheíño de amor ❤️‍🩹

17 de marzo de 2025·Novidades
Regresamos de Portonovo co corazón cheeeeo cheíño de amor ❤️‍🩹

Que chula foi a tarde de hoxe de terapia e de sinceridade, de mapaternidades de todos os tipos imaxinables e de moito, moitísimo cariño e comprensión 💝 A tribo do Salnés é xa unha realidade e fainos moi felices saber que haberá un espacio aberto para a crianza doutro lado da ría. Sen vós nada desto sería posible: G R A Z A S a cada familia que nos apoia incondicionalmente, a aquelas que fixeron o esforzo de vir a coñecernos e a todas as que están por vir!