Volver ao blog

Reunións Outubro - A tribo está de volta!

Outubro 2024·Reunións
Reunións Outubro - A tribo está de volta!

A tribo está de volta! Retomamos as nosas reunións de crianza para compartir experiencias, inquedanzas e moito apoio! A partires da próxima semana, reunirémonos cada martes no acolledor local de Espazo de Momentos. Onde? @espaciodemomentos: Rúa Alfredo García Alen, 6, 36002 Pontevedra. As reunións son abertas a todas as familias que queiran participar. Non é necesario apuntarse previamente, só vir e disfrutar da compañía da nosa comunidade. Esperámosvos con moita ilusión para seguir crecendo xuntos como tribo! 💕