Volver ao blog

Grazas a El Faro Educa e Uxía Miranda

Martes 8 de abril de 2025·Novidades
Grazas a El Faro Educa e Uxía Miranda

Desde Petís queremos amosar o noso agradecemento máis fonda a Uxía Miranda e a todo o equipo de El Faro Educa, por poñer voz e mirada á nosa tribu na súa reportaxe. Para nós, que loitamos cada semana por tecer redes de apoio, ver reflectida a nosa realidade e a importancia de criarmos xuntas é un regalo enorme. Grazas por achegar o noso labor a tantas familias que, quizais, hoxe se dean conta de que non están soas. Seguiremos a criar, a acompañar e a escoitar, porque cada crianza merece unha tribu e cada nai merece sentirse arroupada. Grazas de corazón, Uxía e El Faro Educa. Grazas ás familias que facedes Petís posible. Grazas aos concellos de Pontevedra e Sanxenxo por abrirnos as portas. Seguimos! ✨