Tiñamos ganas, forzas e ilusión. Tiñamos a necesidade dunha tribo. Así nace Petís, o teu espazo seguro en Pontevedra para que nunca máis te sintas soa, insegura ou xulgada.

Unha comunidade de apoio para familias con crianzas pequenas
Reunións semanais en Pontevedra e o Salnés onde compartir experiencias, inquedanzas e moito apoio nun ambiente acolledor e seguro.
Actividades educativas e lúdicas para familias, dende talleres de crianza ata actividades creativas cos petises.
Paseos, picnics e actividades na natureza para disfrutar en familia e crear lazos entre as crianzas.
Un espazo seguro no que poder estar en contacto con outras familias en calquera momento, para recibir apoio e consello, compartir información e sentir a tribo fóra das reunións presenciais. A comunidade conta con grupos temáticos (recomendacións médicas, lactancia, produtos de puericultura, sono infantil...).
Asóciate de balde e forma parte dunha comunidade que entende as túas necesidades e te apoia en cada paso da crianza.
Asóciate Agora